Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de abril de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Cabío III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Cabío III e a concesión que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 10.4.2015, Marcelino Outeiral Yáñez e Milagros Ces Sobradelo (33244808X-33258359Z) solicitan autorización para transmisión do 50 % da concesión da batea Cabío III.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia; co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia; co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños; o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos do 50 %, a favor de Abel Outeiral Ces (53483168A), da concesión da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cabío III.

Localización:

Cuadrícula nº: 03.

Polígono: G.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6 de abril de 1966 (BOE/DOG nº 111, do 10 de maio).

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actual titular: Marcelino Outeiral Yáñez e Milagros Ces Sabradelo (33244808X-33258359Z) 50 % gananciais, David Outeiral Yáñez (33244807D) 50 % privativo.

Novos titulares: Abel Outeiral Ces (53483168A) 50 % privativo e David Outeiral Yáñez (33244807D) 50 % privativo.

Baixo as seguintes condicións.

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de abril de 2015

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña