Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1067/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1067/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Fente Omil contra Disgufer, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 162/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1067/2014.

Demandante: Roberto Fente Omil.

Letrado: Sr. Barros Rodríguez.

Demandados: Disgufer, S.L. e o Fogasa.

A Coruña, 14 de abril de 2015.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Roberto Fente Omil fronte á empresa Disgufer, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 11.405,43 euros.

3º. O Fogasa pasará polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Disgufer, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial