Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación por lotes da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en escolas infantís (contratación documentalmente simplificada).

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 39/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da reserva e ocupación de prazas de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos, mediante a modalidade de concerto en diversos concellos de Galicia. Contratación documentalmente simplificada.

b) Nº de lotes: 7.

c) Lugar de execución: diversos concellos de Galicia.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de agosto de 2016.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación previsto: un millón novecentos vinte e cinco mil euros (1.925.000,00 €) (actividade exenta de IVE).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato ou da parte proporcional do dito orzamento, correspondente ás prazas das que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión - Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69 - 981 54 56 66.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusulas 5.4.6 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas), do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta no complexo administrativo de San Caetano, s/n.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 46 34) no mesmo día.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida a licitación.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do contratante.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22567

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar