Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 2015/25-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L.

Domicilio social: estrada Marván-Seixas, p.q. 15. Polígono industrial As Somozas, 15657 As Somozas.

Denominación: LMT de 20 kV, CS e CT de 630 kVA.

Situación: estrada Marván-Seixas, p.q. 15. Polígono industrial As Somozas, 15667 As Somozas.

Características técnicas: LMTS 20 kV, RHZ1-2OL(S) 12/20 kV-3×150 mm2 Al: 819 m da liña de distribución de UF LMT.SOM802 ao CS; 37 m do CS ao CT N-1; 306 m do CS ao CT N-2. Centro de secionamento e medida compañia/abonado en edificio prefabricado monobloque: CS da compañía que contén 3 celas de liña; centro de proteción e medida do cliente que contén 1 cela de protección xeral, 1 cela de medida, 1 cela de remonte, 2 celas de liña a trafos CT N-1 e CT N-2. Dous CT (CT N-1 e CT N-2) en edificio prefabricado monobloque de 630 kVA, illamento aceite mineral, relación de transformación 20 kV/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña