Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17499

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Estando vacantes os postos de secretaría das vicerreitorías que se relacionan no punto primeiro, que, de acordo coa vixente relación de postos de traballo, deben ser provistos mediante libre designación, e

Consonte o disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

Esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Convocar a provisión, polo sistema de libre designación, dos seguintes postos de traballo:

Posto de traballo

Grupo

Nivel C.D.

Localidade

Quenda

Secretaría da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais

C1/C2

20

Vigo

Mañá

Secretaría da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

C1/C2

20

Vigo

Mañá

Segundo. Poderá optar á súa provisión o persoal funcionario de carreira de administración destinado na Universidade de Vigo, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás o suspenso en firme e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenza a algún corpo ou escala integrado nos subgrupos de clasificación indicados.

Terceiro. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura como anexo, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación poderán presentarse no Rexistro Xeral ou nos auxiliares desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na Administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar.

No caso de optar a máis dunha praza, deberá presentar a solicitude e a documentación acreditativa correspondente, para cada unha delas.

Quinto. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se o comporta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao de cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Sexto. Todos os restantes actos que integren este procedemento publicaranse, cando corresponda, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/internas/funcionario/libre/index.html

Contra esta resolución, que esgota vía administrativa, poderase interpor recurso ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non caberá interpor o recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de abril de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Solicitude de participación libre designación (R.R. 23.4.2015)

NOME E APELIDOS

DNI

CORPO OU ESCALA

SUBGRUPO DE PERTENZA

GRAO PERSOAL CONSOLIDADO

CENTRO/UNIDADE

LOCALIDADE

TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO

POSTO SOLICITADO

A persoa que asina abaixo solicita ser admitida á convocatoria a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

..............................., …… de ................................................... de 201…

(sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO