Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17497

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se dá publicidade a diversos acordos referentes ao cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, superaron o cuarto exercicio, obtendo a cualificación de aptos, os aspirantes Alberto Davila González, con DNI 36137348R, e Juan Fidel Martino Pérez, con DNI 71442887B.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das cualificacións obtidas polos aspirantes presentados ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro), na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia ( www.xunta.es ).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación á cualificación no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal