Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (562/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 562/2012 por instancia de Ricardo Varela Seoane contra a empresa Iliceanu Claudiu, sobre salarios, nos cales se ditou sentenza o 12.1.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Ricardo Varela Seoane fronte á empresa Iliceanu Claudiu e, en consecuencia, condénase a empresa Iliceanu Claudiu a aboar a Ricardo Varela Seoane a cantidade de mil novecentos corenta e cinco euros con quince céntimos de euro (1.945,15 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Iliceanu Claudiu, expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial