Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2015 polo que se fai pública a resolución do recurso de reposición interposto por Alejandro Martiñán González, con data do 28 de xullo de 2014, contra a Resolución do 2 de xuño de 2014 pola que se revoga unha autorización temporal de carácter experimental para a utilización e explotación do viveiro denominado Exp. Martiñán 1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución do recurso de reposición interposto por Alejandro Martiñán González, con data do 28 de xullo de 2014, contra a Resolución do 2 de xuño de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se revoga unha autorización temporal de carácter experimental outorgada a Alejandro Martiñán González para a utilización e explotación do viveiro denominado Exp. Martiñán 1, coa finalidade de realizar experiencias sobre preengorda e engorda de ameixa fina (Tapes decussatus) e ameixa babosa (Venerupis pullastra), no polígono de viveiros Cambados D.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 63 14).

Titular: Alejandro Martiñán González.

NIF: 52496361B.

Enderezo: rúa Concepción Arenal, 121-5º A, 36900 Marín (Pontevedra).

Trámite: notificación da resolución do recurso de reposición.

Prazo para presentar recurso contencioso-administrativo: dous meses.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar