Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015 pola que se lle dá publicidade ao cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun contrato de obras, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro das facultades que lle confire a Orde do 25 de xaneiro de 2012 e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade da actuación xa contratada e cofinanciada pola Unión Europea que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

2. Obxecto do contrato:

a) Título: obras de rehabilitación da capela da Virxe do Carme, en Muros (A Coruña).

b) Orzamento base de licitación: 156.636,79 €, IVE excluído.

c) Adxudicataria: Copcisa, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Orzamento de adxudicación: 131.308,62 €, IVE excluído.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada nun 80 % polos fondos da Unión Europea no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, a través do eixe 5, tema prioritario 58.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria