Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de compoñentes de informática (expediente MS-EIC1-14-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-EIC1-14-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de compoñentes de informática para a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lote: único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 26.20.40.

e) CPV (Referencia de nomenclatura): 30237000-9.

f) Acordo marco (se procede): si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto 137.113,92 euros. Importe total 165.907,84 euros (incluído o 21 % do IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5.2.2015.

b) Data de formalización do contrato: 1.3.2015.

c) Contratista: Office Galicia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto

Lote único: 99.295,18 euros. Importe total: 120.147,17 euros (incluído o 21 % de IVE).

A Coruña, 31 de marzo de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña