Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros (hospitalarios e de saúde) dependentes desta xerencia para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios (expediente AB-EIC1-14-017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Gallego de Salud-Gerencia de Xestión Integrada A Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

d) Número de expediente: AB-EIC1-14-017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de ocupación de dominio público.

b) Descrición: outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros (hospitalarios e de saúde) dependentes da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña (Servicio Gallego de Salud) para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios.

c) Lote (no seu caso): non.

d) CPA (referencia de nomenclatura):

e) CPV (referencia de nomenclatura):

f) Acordo marco (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo anual.

Canon mínimo anual: 60.000,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2015.

c) Contratista: Maxelga 93, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe total anual: 176.000,00 euros, correspondentes aos 25 puntos de venda obrigatorios. Así mesmo, se o número de puntos de venda aumentase, o canon verase incrementado tendo en conta o exposto na oferta do contratista.

A Coruña, 1 de abril de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña