Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de xestión dos residuos voluminosos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Limpeza. Número de expediente: 5414-252.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión dos residuos voluminosos producidos na cidade de Vigo e depositados nas instalacións do adxudicatario polo servizo de recollida municipal.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: si, unha dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 464.544 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo S, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o día 29 de maio de 2015.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 20 de abril de 2015

P.D. (Decreto 29.7.2014 e Acordo 30.7.2014)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación