Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública de ampliación de cemiterio en Sobrado-Lamas.

A Comunidade veciñal promotora da ampliación do cemiterio de San Breixo de Lamas (representada por Albino Romero Núñez) solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para a ampliación do cemiterio en Sobrado, s/n, Lamas, A Estrada. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 11 de marzo de 2015

José C. López Campos
Alcalde presidente