Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DO 965/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 965/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Irene González Cabanas contra Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«1º. Que debo estimar e estimo a demanda interposta por instancia de Irene González Cabanas, representada polo letrado Sr. Alfonso López, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso de acredores, sendo o administrador concursal Diego Comendador Alonso) e o Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada extinguindo a relación laboral na data da sentenza, e condeno a demanda ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 12.816,40 €.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 41,27 €/día, o que dá a cantidade de 10.317,50 euros.

4º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial