Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: adecuación LMT dobre circuíto, ALB-803 e CNO-807 por retirada de CS.
Situación: O Carballiño.
Características técnicas:
– LMT aérea a 20 kV de 15 m con condutor LA 110/116,20 mm2, con orixe no apoio metálico existente código 13564189 e remate no apoio metálico proxectado con PAS.
– LMT subterránea a 20 kV de 617 m con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AL, con orixe no apoio metálico proxectado con PAS e remate na LMT existente ALB803/CNO807.
Orzamento: 110.505,37 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 6 de abril de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense