De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 8 de abril de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2012-0091.
Interesado: Nicusor Matei.
Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2013-0006.
Interesada: Barral Iglesias Silleda, S.L.
Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2013-0111.
Interesados: Pedro Jiménez Borja.
Juan Manuel Castillo Josa.
Actos notificados: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2013-0115.
Interesada: Talleres Núñez Balirac, S.L.
Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2013-0121.
Interesado: Rafael Romero Piñeiro.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0045.
Interesado: Manuel González Varela.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.