En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.
O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 60, do 30 de marzo).
Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 6 de maio de 2015 ás 10.30 horas.
Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.
Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.
Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.
Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.
Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
Anexo
Núm. |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Titulación |
1 |
MAC050000015770009 |
MA |
Posto base subgrupo A2 |
A2 |
16 |
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental |
S. X. de Calidade e Avaliación Ambiental |
Santiago de Compostela |
Enx. técn. industrial |
2 |
INC050000015770009 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
D. X. de Industria, Enerxía e Minas |
Santiago de Compostela |
Enx. técn. industrial |
3 |
INC050000115770007 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Enerxía |
Santiago de Compostela |
Enx. técn. industrial |
4 |
INC050000115770008 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Enerxía |
Santiago de Compostela |
Enx. técn. industrial |
5 |
INC050000115770009 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Enerxía |
Santiago de Compostela |
Enx. técn. industrial |
6 |
INC991000015001059 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial A Coruña |
A Coruña |
Enx. técn. industrial |
7 |
INC991000015001060 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial A Coruña |
A Coruña |
Enx. técn. industrial |
8 |
INC991000015001061 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial A Coruña |
A Coruña |
Enx. técn. industrial |
9 |
INC991000015001062 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial A Coruña |
A Coruña |
Enx. técn. industrial |
10 |
INC991000027001031 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial Lugo |
Lugo |
Enx. técn. industrial |
11 |
INC991000027001033 |
IN |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
A2 |
22 |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial Lugo |
Lugo |
Enx. técn. industrial |