Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16868

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de abril de 2015 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciado pola Orde do 5 de marzo de 2015.

Por Orde do 5 de marzo de 2015 (DOG núm.  54, do 19 de marzo), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 5 de marzo de 2015 e designar as persoas funcionarias, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no actual destino das persoas funcionarias que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que os/as adxudicatarios/as dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computaranse desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedan ás persoas interesadas. No caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal dos centros nos que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que acadan o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

– Datos do funcionario:

Apelidos e nome: Alonso Villalba, Valentín.

Número de rexistro persoal: 1171371457 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia. Escala superior de finanzas.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Departamento de Análise da Información.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.060.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do funcionario:

Apelidos e nome: Peña Durán, Javier de la.

Número de rexistro persoal: 4690382646 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia. Escala superior de finanzas.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Departamento de Auditoría e Calidade.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.055.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.