Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación dos servizos correspondentes ao expediente 305/15 e oito máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

3. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

4. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C (de ser o caso, compróbense os requirimentos de cada expediente).

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, baixo, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

6. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario e ratearase o seu importe a partes iguais entre os licitadores que resulten adxudicatarios. Aproximadamente 1.000 €.

8. Outra información: Proxecto Tactica. Fondo Tecnolóxico. Innovación e competitividade por e para as empresas. Programación estrutural Feder (80 %) para a C.A. de Galicia 2007-2013. Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco). Dirección Xeral de Innovación e Competitividade Empresarial.

9. Obxecto do contrato do expediente 305/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implementación dunha plataforma cloud para redes hospitality que dea soporte a servizos multimedia intelixentes escalables con privacidade baseada en hardware criptográfico.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica do módulo de xestión da infraestrutura cloud, prestando especial atención á privacidade (xuízo de valor): 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos semanais nas instalacións do centro), criterio automático: 10 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 100.000 €.

k) Importe de licitación: 100.000 €.

10. Obxecto do contrato do expediente 306/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implementación e validación dun esquema de comunicacións adaptativas por satélite e monitorización de canle sobre unha plataforma de software defined radio (SDR) embarcada.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Melloras nas prestacións do servizo e soporte á incorporación de unidade SDR (criterio automático): 20 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica e planificación da proposta presentada (xuízo de valor): 18 puntos.

• Valores esperados dos parámetros significativos (criterio automático): 12 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 190.000 €.

k) Importe de licitación: 190.000 €.

11. Obxecto do contrato do expediente 307/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desenvolvemento dun sistema de direccionamento de tráfico e mobilidade en redes heteroxéneas para terminais sen fíos baseado no protocolo Openflow.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica da proposta presentada (xuízo de valor): 40 puntos.

• Melloras nas prestacións técnicas (criterio automático): 5 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos semanais nas instalacións do centro), criterio automático: 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 75.000 €.

k) Importe de licitación: 75.000 €.

12. Obxecto do contrato do expediente 308/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desenvolvemento dunha plataforma de adaptación e cacheo de contidos baseada no protocolo Openflow.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica e planificación da proposta presentada (xuízo de valor): 45 puntos.

• Melloras nas prestacións técnicas (criterio automático): 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 75.000 €.

k) Importe de licitación: 75.000 €.

13. Obxecto do contrato do expediente 309/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desenvolvemento e implementación tanto de algoritmos criptográficos de procesamento de sinal no dominio cifrado (SPED), para procesamento homomórfico de imaxes e sinais multidimensionais cifradas, deseñados polo persoal de AtlantTIC, como un conxunto definido de primitivas e protocolos eficientes de procesamento de sinal aplicados a sinais cifrados baixo os algoritmos anteriormente mencionados, incluíndo a implementación e validación de algoritmos, primitivas e protocolos en forma de libraría e API e funcionando eficientemente sobre sistemas multinúcleo.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 55 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica e planificación da proposta presentada (xuízo de valor): 45 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 155.000 €.

k) Importe de licitación: 155.000 €.

14. Obxecto do contrato do expediente 310/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implementación en C e sobre DSP dun método de estimación en tempo real de canles variantes en frecuencia, baseado en técnicas de codificación de papel sucio (dirty paper coding), mesmo o desenvolvemento do sistema demostrador do devandito método.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica e planificación da proposta presentada (xuízo de valor): 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos semanais nas instalacións do centro), criterio automático: 10 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 87.000 €.

k) Importe de licitación: 87.000 €.

15. Obxecto do contrato do expediente 312/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implementación software dunha aplicación para demostración e integración de algoritmos de análise de imaxes e vídeos.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto (xuízo de valor): calidade técnica e planificación da proposta presentada: 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento (criterio automático-por encima do mínimo de 120 minutos semanais exixidos no PPT): 10 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-Sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 75.000 €.

k) Importe de licitación: 75.000 €.

16. Obxecto do contrato do expediente 314/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: deseño e desenvolvemento de solucións para a mellora do sistema de análise de opinión de AtlantTIC.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica da proposta presentada (xuízo de valor): 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos semanais nas instalacións do centro), criterio automático: 10 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 150.000 €.

k) Importe de licitación: 150.000 €.

17. Obxecto do contrato do expediente 315/15:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: implementación software de bibliotecas de análise forense de imaxes e vídeos.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica e planificación da proposta presentada (xuízo de valor): 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos semanais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos semanais nas instalacións do centro), criterio automático: 5 puntos.

• Melloras nas prestacións técnicas: valorarase que o sistema ofreza a análise forense de imaxes baseado na estimación da SNR: 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo executarase nas instalacións da contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC, localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 4 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 32573000-sistema de control de comunicacións.

i) CPA: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

j) Valor estimado do contrato: 168.000 €.

k) Importe de licitación: 168.000 €.

Vigo, 22 de abril de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo