Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan de sectorización SRAU industrial Outeda-Curro.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión extraordinaria do 16 de abril de 2015, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan de sectorización SRAU industrial Outeda-Curro.

De conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, expóñense ao público o expediente e o documento administrativo para os efectos de que os interesados formulen as alegacións que coiden oportunas.

– Lugar: Secretaría do Concello de Barro (Santo Antoniño, 11-Perdecanai, 36194 Barro).

– Horario de consulta: das 9.00 ás 15.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

– Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Barro, 22 de abril de 2015

José Antonio Landín Eirín
Alcalde