Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16576

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015 pola que se anuncia a resolución da convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Mediante Resolución do 27 de febreiro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 43, do mércores 4 de marzo de 2015, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na estrutura do Igape (subdirector/a de Programas de Acceso ao Crédito).

De conformidade co establecido na convocatoria, e no uso das facultades conferidas mediante a Resolución do 12 de abril de 2012, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de delegación de facultades,

RESOLVO:

Primeiro. Designar, de acordo coa convocatoria pública efectuada mediante Resolución do 27 de febreiro de 2015, o traballador cuxos datos se sinalan no anexo a esta resolución para ocupar o posto de subdirector de Programas de Acceso ao Crédito do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Segundo. A persoa seleccionada deberase incorporar ao novo posto no prazo de 6 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do proceso no Diario Oficial de Galicia, entendendo doutro xeito que renuncia á súa designación.

De conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Denominación do posto: subdirector/a de Programas de Acceso ao Crédito.

Dependencia: Área de Financiamento do Igape.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nome e apelidos da persoa seleccionada: Alberto Vivero Fernández.

DNI: 32655454P.