Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16578

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, de prazas vacantes na categoría de facultativo especialista da Área de Medicina Interna no Complexo Hospitalario de Pontevedra e no Hospital do Salnés.

Por Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, do 26 de febreiro de 2014, formalízase convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG núm. 62, do 31 de marzo, entre elas prazas de Medicina Interna.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da comisión de avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución da Xerencia do 22 de maio de 2014. O 7 de xullo publícase a Resolución da Xerencia, do 30 de xuño de 2014, pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Así, tamén o 24 de outubro se publica a Resolución do 14 de outubro de 2014 cos acordos da comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para selección temporal de persoal facultativo especialista de área en Medicina Interna do Complexo Hospitalario de Pontevedra e Hospital do Salnés.

O 31 de outubro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes ás prazas vacantes de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A comisión de avaliación remitiu á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. O 16 de decembro foi publicada a Resolución do 12 de decembro de 2014 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de dez (10) días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Transcorrido o citado prazo, tras a resolución das reclamacións, a comisión de avaliación remitiu a Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas, publicada por Resolución do 30 de marzo de 2015.

Así, de acordo coa convocatoria citada, recibido o acordo da comisión o 30 de marzo de 2015, e en uso das atribucións conferidas por Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal en praza vacante de facultativo especialista da Área de Medicina Interna a favor de Eva María Sánchez García no Complexo Hospitalario de Pontevedra e de Ana Pazos Ferro no Hospital do Salnés.

No prazo máximo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución deberán achegar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non presentar a documentación requirida no prazo establecido, non poderán ser nomeadas e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quedase vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada por Resolución da Xerencia do 30 de marzo de 2015.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 30 de marzo de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés