Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de dotacións para equipamento relixioso en solo rústico (expediente planeamento urbanístico 2013001249).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 26 de marzo de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

10. Aprobación inicial do Plan especial de dotacións para equipamento relixioso en solo rústico (expediente planeamento 2013001249).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (6 votos a favor), acordou:

1º. Aprobar inicialmente o Plan especial de dotacións para equipamento relixioso en solo rústico sito na estrada Vilar-Madrosende (Vilar de Astrés).

2º. Someter o expediente a información pública durante o prazo dun mes na forma prevista no artigo 86.1.a) da Lei de Galicia 9/2002.

3º. Solicitar os informes sectoriais de conformidade co previsto no artigo 86.1.b) da Lei de Galicia 9/2002.

Ourense, 31 de marzo de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente