Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 4 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Laracha que se centra no ámbito do patrimonio arqueolóxico, co fin de establecer as determinacións precisas que permitan a conservación e posta en valor dos vestixios arqueolóxicos que se atopan no ámbito de actuación, contido no proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L., e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado, por un prazo máximo de dous anos, que se extinguirá en todo caso coa aprobación definitiva da modificación, conforme o artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do territorio e protección do medio rural de Galicia, expoñer o resumo executivo da súa delimitación e publicar o plano de suspensión de licenzas que figura como anexo I do resumo executivo, segundo o disposto no artigo 11.3 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do territorio e protección do medio rural de Galicia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Lugar de exposición do expediente: Servizo Municipal de Urbanismo (2º andar da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 31 de marzo de 2015

José Manuel López Varela
Alcalde

missing image file

Localización dos ámbitos de suspensión de licenzas en relación coa modificación puntual nº 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Laracha

ANEXO