Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16349

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei de Galicia 12/2014, do 22 de diciembre, de medidas fiscais e administrativas

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 17 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 5.dous, 72, 77 e 84 da Lei de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Designar un grupo de traballo para proporlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicarlle este acordo ao Tribunal Constitucional, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 17 de marzo de 2015

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda e Vicepresidente e conselleiro
Administracións Públicas de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza