Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Invatia Research, S.L. a Resolución do 27 de febreiro de 2015 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 128, do 7 de xullo) (expediente CEI-SXT-2014/54).

Unha vez intentada a práctica de varias notificacións, a través do servizo de Correos, da Resolución do 27 de febreiro de 2015 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida a Invatia Research, S.L. en 2010, non foi posible realizalas, por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Por todo o anterior e de conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle ao interesado un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, co fin de que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses.

De acordo co artigo 35 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta resolución interrompe o prazo de prescrición do que dispón a Administración para exixir o reintegro parcial da subvención concedida ao interesado.

O artigo 38.5 da citada lei establece que o prazo para resolver este procedemento será de 12 meses desde a data do acordo de iniciación. Se transcorre o dito prazo para resolver sen que se notifique a resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento.

Persoa xurídica á cal vai dirixida esta notificación:

Invatia Research, S.L.

CIF: B70143011.

Último enderezo coñecido: Polígono Novo Milladoiro, rúa das Hedras nº 6-1º U, 15895 O Milladoiro, Ames (A Coruña).

Data da resolución: 27 de febreiro de 2015.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/54 Resolución do 27 de febreiro de 2015 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida a Invatia Research, S.L. ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria