Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15686

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015 pola que se fai público o acordo de cesión en propiedade, mediante adxudicación directa e a título gratuíto, dun inmoble situado no concello de Sandiás (referencia catastral 32078A502015310000FM).

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) adoptou o acordo de cesión, mediante adxudicación directa e a título gratuíto, dun inmoble situado no concello de Sandiás a favor do Concello de Sandiás.

De conformidade co artigo 86.1 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1989, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, procede publicar o dito acordo.

Por todo isto,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do 3 de marzo de 2015, da Presidencia da Agader, polo que se cede en propiedade, mediante adxudicación directa e a título gratuíto, un inmoble situado no concello de Sandiás que se incorpora a esta resolución como documento anexo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Acordo do 3 de marzo de 2015 da presidenta da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), pola que se cede en propiedade mediante adxudicación directa e a título gratuíto un inmoble situado no concello de Sandiás.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é titular dun inmoble que constitúe masa común nos termos establecidos no artigo 31 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, de conformidade co artigo 5.2 en relación co artigo 5.1.a) da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

O Concello de Sandiás solicitou formalmente a súa cesión, mediante adxudicación directa e a título gratuíto.

O 30.7.2014 o director xeral de Agader acordou que se iniciara o procedemento para a transmisión en propiedade mediante adxudicación directa e a título gratuíto do inmoble.

O 30.7.2014 a Subdirección de Mobilidade de Terras de Agader informou favorablemente a transmisión en propiedade do inmoble.

O 09.10.2014 a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda informou favorablemente a transmisión en propiedade do inmoble, conforme o previsto no artigo 14.2 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

O 20.10.2014 a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar autorizou/informou favorablemente a transmisión en propiedade do inmoble, conforme o previsto no artigo 14.1.a) da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

O 22.10.2014 a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma informou favorablemente a transmisión en propiedade do inmoble, conforme o previsto no artigo 11 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

O 6.11.2014 o Consello da Xunta de Galicia, autorizou a transmisión en propiedade do inmoble, conforme o previsto no artigo 17.3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

O 11.7.2013 o Consello de Dirección de Agader delegou na persoa titular da Presidencia de Agader as competencias para o alleamento e cesión de bens inmobles e dereitos reais ao que fan referencia os artigos 74.2 e 83.2 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo fixo público a Resolución do 24 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto).

Tendo en conta o exposto, de acordo cos artigos 14 a 17 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras e 82 e seguintes da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e trala proposta do director xeral de Agader,

DISPOÑO:

Primeiro. Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do concello de Sandiás, da propiedade do ben inmoble, de carácter patrimonial, sito no concello de Sandiás, que se describe a seguir:

Descrición: predio 1531 do polígono 502 da zona de Concentración Parcelaria de Sandiás-Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás (Ourense), cunha extensión superficial de dezaseis áreas e cincuenta e cinco centiáreas. Limita: norte con César Cid Dacal (1732), sur con Josefa Fernández Castro (1530), leste con Celia Fariñas Fernández e oeste con camiño.

Nesta parcela existe una construción soterrada consistente en fosa séptica para tratamento de augas residuais e pozo de rexistro soterrado de aros de formigón e tapa de fundición.

Referencia catastral: 32078A502015310000FM.

Inscrición castastral: a Sociedade Anónima Xestora Bantegal figura como titular catastral.

Inscrición rexistral: inscrita no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, tomo 771, libro 50, folio 104, nº rexistral predio 8690, inscrición 1.

Segundo. A cesión en propiedade queda sometida ás seguintes cláusulas:

1. O inmoble destinarase a localización de fosa séptica para o tratamento de augas residuais.

2. A persoa cesionaria, con coñecemento da situación física e legal do ben, adquíreo, xunto coas obras, construcións e instalacións existentes neste que sexan da Agader, como corpo certo, ao seu risco e ventura, renunciando ao saneamento por evicción, por vicios ou defectos ocultos e por gravames ocultos que lle concede o Código civil. No caso de obras, construcións e instalacións das cales a Agader manifesta ser a titular en aplicación do artigo 359 do Código civil estatal, corresponderá a persoa cesionaria a procedente regularización xurídica no caso de reclamacións de terceiras persoas, para que inmoble, obras, construcións e instalacións sexan dun só titular, ben a persoa cesionaria, ben terceiras persoas no caso dunha accesión invertida. Non poderá transmitir en propiedade o ben a terceiras persoas. Debe remitir cada tres anos a persoa cedente a documentación que acredite o destino do ben.

3. De conformidade cos artigos 85 e 86 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se o ben cedido non se aplica para o fin sinalado no prazo de dous anos desde o outorgamento do documento de cesión, ou deixa de estalo con posterioridade, se se descoida ou utiliza con grave quebrantamento ou se incumpren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o ben reverterá a entidade cedente.

Serán por conta da persoa cesionaria o detrimento ou a deterioración sufridos polo ben cedido, sen que sexan indemnizables os gastos nos cales incorra para cumprir as cargas ou condicións impostas.

A resolución da cesión será declarada polo órgano competente para o seu outorgamento, e na resolución que declare a extinción da cesión determinarase, se é o caso, a indemnización polas deterioracións que sufrise o ben, logo da determinación da súa contía mediante taxación pericial.

Na resolución que declare a extinción da cesión a persoa cedente poderá optar por que o ben reverta, libre de cargas e gravames, sen dereito a indemnización á persoa cesionaria:

a) Repoñendo o ben ao estado anterior a calquera uso construtivo e/ou non construtivo.

b) Nas mesmas condicións de uso, construtivo e/ou non construtivo, nas cales se entregou, repoñendo o ben ao estado anterior, coa accesión do construído ao predio.

c) Nas condicións de uso, construtivo e/ou non construtivo, nas cales se atope no momento da extinción da cesión, coa accesión do construído ao predio.

d) De ser o caso, as obras, construcións e instalacións que revertan, que non fosen da titularidade da persoa cedente no momento da cesión, serán adquiridas gratuitamente pola persoa cedente.

4. A persoa cesionaria realizará, pola súa conta, a correspondente alta, baixa ou modificación no Catastro Inmobiliario, as inscricións, as anotacións e as altas no Rexistro da Propiedade ou noutros rexistros que correspondan, aínda que estas sexan facultativas e non obrigatorias, así como a declaración de obra nova, se for do caso, inscrita no Rexistro da Propiedade.

Todos os custos e impostos que se deriven da cesión serán de conta da persoa cesionaria, incluso o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), se o houber.

5. A persoa cesionaria declara coñecer a situación urbanística do inmoble que se cede, así como os deberes legais e as obrigas pendentes de cumprir en caso de levarse a cabo actuacións de transformación urbanística, renunciando, polo tanto, á facultade de rescindir o contrato e exixir as indemnizacións que procedan a que alude o artigo 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, por non ter feito constar a dita situación urbanística, deberes e obrigas, despois de serlle requirida a súa expedición pola persoa cedente.

Terceiro. A cesión formalizarase en documento administrativo subscrito polo órgano unipersoal de goberno de Agader, ou funcionario en quen delegue, debendo constar nel o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Cuarto. Agader, a través da Subdirección de Mobilidade de Terras, realizará todos os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente acordo.