Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15728

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (504/2013).

Silvia de Pedro Ortega, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Cangas, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento ordinario 504/2013 seguido por instancia de Pablo Iglesias Lozano fronte a Laxa Morrazo, S.L. se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 10/2015.

Cangas, 2 de febreiro de 2015.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario número 504/2013 onde foi parte demandante Pablo Iglesias Lozano, baixo a representación procesual da procuradora Sra. Angulo Gascón e coa asistencia do letrado Sr. Pérez Álvarez, e parte demandada Laxa Morrazo, S.L. en situación de rebeldía procesual sobre reclamación de cantidade derivada de relación contractual.

Resolvo:

Que estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Pablo Iglesias Lozano contra a entidade demandada Laxa Morrazo, S.L. e condeno a demandada a que aboe a favor do demandante a cantidade de 7.216,04 euros máis os xuros legais correspondentes con expresa imposición das custas causadas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 € na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgada en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o dito demandado, Laxa Morrazo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Cangas, 3 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial