De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado nos expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1 da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da LRXPAC.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.
Pontevedra, 26 de marzo de 2015
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
Nº expte. |
Precepto infrinxido |
Último enderezo |
Establecemento |
MSP La Goulla, S.L. |
B-94032455 |
PO-14/15 |
Artigo 26-e da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
Tarrío, 45, Caleiro 36629 Vilanova de Arousa |
Revelaciones Tarrío, 45, Caleiro 36629 Vilanova de Arousa |