Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha granxa porcina de ceba e a súa ampliación, no concello de Láncara (expediente 2014-IPPC-I-51).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico de autorización ambiental integrada para naves de ceba de porcino. Peticionario: Xunqueira, S.C.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular en dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ( http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-51.

Peticionario: Xunqueira, S.C.

Domicilio social: lugar de Touville, nº 10, 27367 Láncara (Lugo).

Localización da instalación: lugar de Xunqueira, parroquia de San Martiño de Oleiros, concello de Láncara (Lugo).

Actividade: os leitóns entran no cebadeiro cuns 20 kg de peso e a ceba finaliza cando acadan un peso medio de 90 kg. Tras a ampliación prevista na granxa, a súa capacidade pasará de 1.980 prazas para porcos de ceba a 3.198 prazas.

Verteduras: tras a ampliación non se xerarán verteduras de augas residuais de limpeza nin sanitarias, que se dirixirán a fosa externa de almacenamento de xurro para seren xestionadas de xeito conxunto. O xurro empregarase como fertilizante en parcelas de uso agrícola.