Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de abril de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención 14270186/2008 e tres máis, para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para denegar as axudas relativas aos expedientes de subvención números 14270186/2014, 14270242/2014, 14360097/2014 e 14360178/2014 (Orde do 21 de xullo de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva, para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo dun mes, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para denegar a solicitude da axuda no expediente de subvención núm. 14270186/2014.

Interesada: CMVMC Campodola.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Campodola-Hospital, Quiroga (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar desistido da solicitude da axuda no expediente de subvención núm. 14270242/2014.

Interesada: María Venilda Mercador Onega.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Miguel de Cervantes, 82, 4º A, 27003 Lugo.

Expediente: procedemento para denegar a solicitude da axuda no expediente de subvención núm. 14360097/2014.

Interesada: CMVMC de San Clemente.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. San Clemente de César, 36654 Caldas de Reis (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar desistido da solicitude da axuda no expediente de subvención núm. 14360178/2014.

Interesada: CMVMC Limeres.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Limeres, Castro, Filgueira, Cerdedo (Pontevedra).