Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de abril de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención 11320117/2014, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun procedemento polo que se lle concede a axuda relativa ao expediente de subvención número 11320117/2014 (Orde do 21 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle a interesada un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento polo que se resolve a concesión da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 11320117/2004.

Interesada: CMVMC Santa Baia de Montes.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Laza, 40, 4º A, 32000 Verín (Ourense).