Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 78/2015 IN, interposto contra o Decreto 165/2014, do 11 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección primeira) oficio no que se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 78/2015, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), pola Unión Xeral dos Traballadores (UXT) e pola Confederación Intersindical Galega, contra o Decreto 165/2014, do 11 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral Técnica acorda nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar