Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación galega de empresas de xestión de servizos de salvamento e extinción de incendios (parques de bombeiros), Agasei.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Asociación galega de empresas de xestión de servizos de salvamento e extinción de incendios (parques de bombeiros), Agasei, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas legalmente constituídas que o soliciten voluntariamente e reúnan os requisitos recollidos no artigo 8 dos estatutos.

Asinan a acta de constitución: Manuel Revuelta Santa Cruz, en representación de Mantenimiento de Infraestructuras, S.A., Rebeca Puente Nogueira, en representación de Consultoría Natutecnia, S.L., José Ramón Porrero Rodríguez, en representación de Entrenamiento e Información Forestal, S.L., e Jaime Prieto-Puga Somoza, en representación de Veicar, S.L.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social