Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 20 de xaneiro de 2015 ditada no expediente sancionador LU-20/2014, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a interesada que a seguir se relaciona, a resolución da Xefatura da Área Provincial de Turismo de Lugo ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-20/2014, incoado ao titular do establecemento de Sarria denominado O Antoxo, situado na rúa Calvo Sotelo, 211, Sarria, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste servizo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Expediente: LU-20/2014.

Denunciada: Alousa 2012, S.L.

Establecemento: restaurante O Antoxo.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, 211.

Localidade: Sarria.

Feito denunciado: non comunicar cambio de titularidade e de denominación.

Precepto infrinxido: artigo 35, letra b) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011.

Resolución: 20 de xaneiro de 2015.

Sanción: douscentos euros (200 €).

Lugo, 9 de abril de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo