Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1) Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público
https://www.contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: saneamento e depuración en Tállara. Lousame (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1018.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252100-9.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 98, do 23 de maio de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 515.379,39 euros. Importe total: 623.609,06 euros.

Data de adxudicación: 3 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 444.772,41 euros. Importe total: 538.174.62 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de marzo de 2015.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

b) Descrición: eliminación e conexión á estación depuradora de augas residuais de Moraña da Fosa de Casal e remate da rede de saneamento da Igrexa. Moraña (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1048.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 117, do 20 de xuño de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 164.149,78 euros. Importe total: 198.621,23 euros.

Data de adxudicación: 6 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 141.415,04 euros. Importe total: 171.112,20 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de marzo de 2015.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

c) Descrición: rede de sumidoiros no Pereiro-O Pozo. Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.981.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 124, do 2 de xullo de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 431.617,12 euros. Importe total: 522.256,72 euros.

Data de adxudicación: 6 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 368.385,21 euros. Importe total: 445.746,10 euros.

Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2015.

Contratista: Servitec Medio Ambiente, S.L.

d) Descrición: saneamento na Ribeiriña. 3ª fase. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.996.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 148, do 6 de agosto de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 176.107,79 euros. Importe total: 213.090,43 euros.

Data de adxudicación: 11 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 147.096,58 euros. Importe total: 177.986,86 euros.

Data de formalización do contrato: 19 de marzo de 2015.

Contratista: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

e) Descrición: mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e telexestión. Boiro (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1029.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 903.812,19 euros. Importe total: 1.093.612,75 euros.

Data de adxudicación: 12 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 588.885,00 euros. Importe total: 712.550,85 euros.

Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2015.

Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

f) Descrición: acondicionamento hidráulico do río Rodeiro. 2ª fase. Rodeiro (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.1066.

CPV (referencia de nomenclatura): 45246200-5.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 206, do 28 de outubro de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 247.877,50 euros. Importe total: 299.931,78 euros.

Data de adxudicación: 26 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 216.140,00 euros. Importe total: 261.529,40 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de marzo de 2015.

Contratista: Eulen, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.1: actuacións contempladas no Plan de saneamento de Galicia, no Programa AXUA (actuacións para a xestión e a utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de bacía; as indicadas coas letras b) e e) dentro da actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios; as indicadas coas letra c) e d) dentro da actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios; e, a indicada coa letra f) encádrase no tema prioritario ou medida 53 Prevención de Riscos. Actuación 3.53.2: conservación e mellora das marxes dos ríos.

4) Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia