Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de abril de 2015, da Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de inicio de retirada do viveiro ilegal Barros, sito na cuadrícula número 15 do polígono Cambados E.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, situada na rúa Concepción Arenal, nº 8-4º andar, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Vigo, 7 de abril de 2015

Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar-Vigo

ANEXO

Expediente de retirada do viveiro ilegal Barros, sito na cuadrícula nº 15 do polígono Cambados E.

Interesados: Roberto Leiro Santos e Mª Teresa Señoráns Cores.

Enderezo: rúa Marxíada, nº 23, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Acto notificado: acordo da Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo polo que se inicia expediente de retirada do viveiro Barros, sito na cuadrícula nº 15 do polígono Cambados E.