Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 31 de marzo de 2015 pola que se notifica trámite de audiencia en relación coa tramitación de recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións, en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, tentadas as notificacións do trámite, non se puideron efectuar (expediente/recurso E/8/11).

As unidades dependentes desta Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta Axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Procedendo a notificación persoal do trámite de audiencia ás persoas interesadas nos casos que se indican, non se puido practicar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse para seren notificados do trámite devandito.

Poden examinar o expediente mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, desta Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para formular, no seu caso, alegacións, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución.

Expediente/recurso: E/8/11. Provincia de Lugo. Obra: Proxecto de emerxencia na LU-723, As Pontes de Gatín - Límite da provincia de León. Parcela 4-0. Recorrente: María Teresa López Alba. Outras persoas interesadas: herdeiros de Julia Digon Digon, Ramiro Digon González, herdeiros de Antonio Fernández Fernández, José Luis Fernández López, herdeiros de Eduardo González González e Alfredo López Alba.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas