Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de transporte de usuarias ás unidades de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (expediente AB-CON1-15-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 18 de maio de 2015.

a) Número de expediente: AB-CON1-15-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte de usuarias ás unidades de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/12.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 60130000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Oferta económica: prezo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 918.778 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 328.135 euros. Importe total: 360.948,50 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o (IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si. Grupo R, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 18 de mayo de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

1. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

2. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31 de marzo de 2015.

3. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos