Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación para o outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros (hospitalarios e de saúde) dependentes desta xerencia, para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios (expediente AB-EIL1-15-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación do Hospital da Costa, de Burela (Lugo).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Departamento de Contratación.

2º. Enderezo: r/ Rafael Vior, s/n.

3º. Localidade e código postal: 27880 Burela, Lugo.

4º. Teléfono: 982 58 99 56.

5º. Fax: 982 58 99 86.

6º. Correo electrónico: contratacion.cos@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIL1-15-002.

2. Obxeto da concesión:

a) Tipo: concesión da ocupación do dominio público.

b) Descrición: concesión de diversos espazos nos centros (hospitalarios e de saúde) para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios.

c) División por lotes e número: 3 lotes (lote 1: Área Norte Cervo-Burela; lote 2: Área Centro Lugo e lote 3: Área Sur Monforte).

d) Lugar de execución: hospitais de Lugo: Hula e Calde; Hospital da Costa, Hospital de Monforte e centros de saúde de Atención Primaria da provincia de Lugo (véxase o prego).

e) Prazo de execución: dous (2) anos desde a formalización da concesión.

f) Admisión de prórroga: si, máximo dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación: canon mínimo anual.

Lote 1: liña 1.1: 600 €/máquina e liña 1.2: 100 €/máquina.

Lote 2: liña 2.1: 1.500 €/máquina e liña 2.2: 100 €/máquina.

Lote 3: liña 3.1: 500 €/máquina e liña 3.2: 100 €/máquina.

6. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 20 % do importe do canon anual ofertado.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeria e solvencia técnica ou profesional: ver claúsula 5.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do contrato no DOG e antes das 14.00 horas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital Lucus Augusti, no 2ª andar. R/ Doutor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo (véxase o número 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección no 3º andar do Hospital Lucus Augusti. R/ Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: véxanse os pregos.

Lugo, 9 de abril de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos