Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Asociación de Representantes de Espectáculos de Galicia (Artegal).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación de Representantes de Espectáculos de Galicia (Artegal), da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses dos seus membros e da profesión.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todos aquelas persoas físicas profesionais do espectáculo que actúen como representantes de todo tipo de artistas dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes da acta de constitución: Manuel Ángel Mira Miranda, Justo Amado Grandío, José Fernández López, José Manuel Iglesias Rebolo, José Luis Vila Parada e Mª Pilar Costoya Neira.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social