Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2015 pola que se convoca a contratación do servizo administrativo especial, non suxeita á regulación harmonizada e documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a xestión e explotación do servizo de piscina.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: xestión e explotación do servizo de piscina da Academia Galega de Seguridade Pública.

a) Lugar de execución: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Prazo de execución: 10 anos, prorrogable por 5 anos máis.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e procedemento aberto, con catro criterios de valoración.

4. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: pola contía do 5 % do importe do canon ofertado polo adxudicatario para os dez (10) anos de vixencia do contrato.

5. Obtención de documentación e información: na Academia Galega de Seguridade Pública e durante o prazo de presentación de proposicións en días hábiles e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación, a través da internet, nos enderezos: http//:www.xunta.es/contratación e http://agasp.xunta. es/

6. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

7. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: será de trinta días naturais, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública en horario das 9.00 ás 14.00 horas ou ben na forma prevista no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións e no lugar que se indique na plataforma de contratación. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 17 de abril de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública