Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de marzo de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente LUG/78/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a César Rodríguez López, no expediente núm. LUG/78/2013-R1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 19 de setembro de 2014, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na instalación dunha edificación prefabricada de madeira no lugar da Torre, parroquia de San Vicente de Pedreda, no termo municipal de Lugo.

O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que coide procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística