Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 14969

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda a pesca no río Pequeno e afluentes no concello de Outeiro de Rei en Lugo.

Antecedentes.

Con data do 6 de abril de 2015, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Lugo propón a veda do río Pequeno e afluentes no concello de Outeiro de Rei en Lugo. Esta proposta fundaméntase no impacto causado por unha vertedura acontecida o 3 de abril de 2015.

Consideracións legais.

Esta dirección xeral é competente para a adopción de medidas excepcionais de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Resolución.

De conformidade co anterior, resolvo vedar o río Pequeno desde o nacemento ata a súa desembocadura no río Miño (coordenadas X=612.088 Y=4.771.731, sistema ETRS89, proxección UTM-29N) dunha lonxitude aproximada de 16,2 km, incluíndo todos os afluentes do tramo.

A resolución que anule a presente veda estará condicionada ao resultado dos estudos sobre o estado ecolóxico do río. No caso de ser preciso, a veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada 2016.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza