1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Cixtec.
2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
4º. Teléfono: 981 54 13 37.
5º. Telefax: 981 54 12 70.
6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2015-011.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de xestión de servizos da Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 30 de novembro de 2015.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 30.000 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 30.000 euros. Importe total: 36.300 euros.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex
2º. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:
– Data: o quinto (5º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización da presentación de ofertas. Se ese día coincidir en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– A data e a hora anunciarase oportunamente no perfil de contratante e comunicaráselles aos licitadores.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable