De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 27 de marzo de 2015
P.S. (Resolución do 17 de xuño de 2014)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo
ANEXO
Expediente: E.S. LU-48/2014.
Interesada: Estrugalicia, S.L.
Último enderezo conocido: avenida de Galicia, 77, entresollado, Vilalba.
Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.