Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14842

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (676/2014).

Peza de medidas provisionais coetáneas 676/2014

Procedemento de orixe: modificación de medidas suposto contencioso 676/2014

Sobre modificación de medidas

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Que estimando substancialmente a solicitude de medidas provisionais presentada pola procuradora Sra. Cabanas Prada, en nome e representación de María Celia Torreira Iglesias, asistida do letrado Sr. Álvarez Fernández, fronte a José Manuel Buceta Bustelo, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de filla menor de idade habida en común, debo acordar e acordo as seguintes medidas provisionais:

1º. Suspensión provisional do exercicio da patria potestade sobre a menor por parte do demandado. No proceso principal poderase acordar a privación definitiva.

2º. Suspensión de todo réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas e fágaselles saber a imposibilidade de recorrer contra a presente resolución ao ser firme conforme o artigo 773 da Lei de axuizamento civil.

Non procede ningún pronunciamento condenatorio respecto do aboamento das custas procesuais.

Así o acordo, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 6 de Santiago de Compostela, do que eu, o secretario xudicial, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

O secretario xudicial