Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/174-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 250 kVA no CEIP Emilia Pardo Bazán.

Situación: travesía dos Rosales, 15011 A Coruña.

Características técnicas: CS en edificio prefabricado de formigón compartido co do CT proxectado, que inclúe 3 interruptores-secionadores de 24 kV, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas. CT en edificio prefabricado de formigón con transformador de 250 kVA, relación 15-20/0,42 kV en baño de aceite. Aparellaxe de manobra e proteción, así como equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 24 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña