Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).
Denominación: soterramento LMTA e substitución CT 27 A 889 Oural-Chorente.
Situación: concello de Sarria.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe na LMT SAR804 e final no CT Grupo Escolar Oural proxectado, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
2. Centro de transformación compacto de manobra exterior, cunha potencia proxectada de 250 kVA no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 25 de marzo de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo