Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14831

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 13 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, de acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar os opositores que se relacionan no anexo, que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo, que terá lugar o día 23 de abril de 2015 no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Segundo. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal

Anexo

DNI

Apelidos e nome

36137348R

Davila González, Alberto

77004360S

Fernández Otero, Jacobo

71442887B

Martino Pérez, Juan Fidel